Friday 17 de May de 2024

Concluídas as obras de mellora da contorna da capela da Guía en Carreira


A poucos días da conmemoración das Festas da Guía en Carreira (serán o vindeiro luns), o Concello de Riveira informa da conclusión das obras de mellora e adecuación do entorno da Capela que sirve de epicentro desta celebración: unha actuación que supuxo un investimento de 88.330 euros, IVE incluído, e foi executada pola empresa Construcciones Figueiras Vixán, S.L..

Como consecuencia desta obra pavimentouse con pedra granítica a fronte e a parte posterior do templo, ademais de colocar xardineiras e bancos na zona.

Así mesmo, na parte máis elevada en relación ás beirarrúas colocouse unha varanda de fundición para evitar caídas e construíronse beirarrúas para conectar a edificación co parque das festas.

Acceso a vivendas
Por último, pavimentouse con formigón o camiño de acceso ás vivendas situadas na parte posterior ao templo e instaláronse puntos de luz.